domingo, 6 de mayo de 2018

Las chicas son de ciencias

Dende a biblioteca quixemos mercar libros ilustrativos de mulleres importantes e que millor que este libro que se publicou en febreiro deste ano.

Descubrimos con este libro as 25 supercientíficas que cambiaron o mundo e demostraron que as mozas son de ciencias, en canto a descubrimentos científicos. Agnodice, a primeira médica coñecida da historia, ata Rosalind Franklin, a química que descubriu a estrutura do ADN, pasando por Vera Rubin, a astrónoma que viu o que ninguén vía, as mulleres foron pioneiras en ciencias desde o inicio dos tempos
Un libro que a través dunha linguaxe sinxela e didáctica, unha vistosa presentación e un formato moi atractivo, tráenos a unha serie de mulleres que ao longo da Historia destacaron grazas aos seus descubrimentos e achegas científicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario