viernes, 27 de abril de 2018

A escritora Alicia Borrás no centro

Continuando ca celebración  do día do libro, este xoves 26 de abril estivo de visita a escritora viguesa Alicia Borrás para o alumnado de sexto que leran o seu libro "Nata y chocolate, invencibles". Ao longo da charla foi explicándolles  que este título é a continuación do anterior "Nata e Chocolate", como creara aos personaxes, cal fora a motivación de escribilo, en que momento o escribira... por suposto deulle voz aos nenos e nenas cas súas preguntas e como non podía ser doutra maneira asinou os libros. 
Foi unha mañá moi agradable, onde se disfrutou en torno á literatura, na bonita biblioteca reformada!! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario