lunes, 5 de marzo de 2018

El abrigo de Jana

El abrigo de Jana
O abrigo de Jana é un álbum ilustrado escrito por Lola Ordoñez e ilustrado por Desiree Arancibia, que nos fala daqueles momentos nos que sentímonos insegur@s respecto de quen somos. Jana non sabe recoñecer as súas cualidades, porque está centrada en mirar cara a fóra e crer que ao seu arredor todos posúen características que destacan máis cas súas. Non é consciente de que tod@s aprecian e valoran as cualidades de Jana, e en cando llo mostran a pequena reforza a confianza nela mesma.
Esta historia ricamente ilustrada fálanos de forma simbólica dunha nena que non cre nela mesma. Ese abrigo gris reflite a dúbida e a falta de seguridade, pero grazas ao reforzo positivo libérase del e logrará gozar da experiencia de ser ela mesma.
Esta proposta da editorial Emonautas inclúe unha guía pedagóxica para nais, pais e educadores con consellos de gran utilidade para axudar aos nenos e nenas a fomentar unha autoestima positiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario