lunes, 26 de febrero de 2018

VISITA DE ISABEL BLANCO: "AS RECEITAS DE ROSAURA"

O mércores 21 de febrero tivemos a sorte de contar coa presenza no noso centro da escritora Isabel Blanco para presentarnos o primeiro libro infantil de receitas en verso escrito en galego.
"As receitas de Rosaura" é o título desta marabillosa obra que, ilustrada por Luz Beloso, narra a historia dunha cociñeira moi especial que todas as noites cociña receitas moi divertidas para que grandes e pequenos poidan reproducilas nas súas casas.
Os alumnos e alumnas de segundo de primaria foron os afortunados de poder estar unhas horas coa escritora, falando sobre o libro e sobre moitas outras cousas que foron xurdindo, pasando un rato moi agradable.
Grazas pola túa visita! 















No hay comentarios:

Publicar un comentario