miércoles, 29 de noviembre de 2017

Novembro: mes da ciencia en galego

A astrofísica viguesa Begoña Vila, premio Wonenburger da ciencia
Resultado de imagen de Begoña Vila Costa
 A astrofísica viguesa Begoña Vila  Costa recibirá este ano o premio Wonenburger, unha distinción que busca destacar o talento femenino en ámbitos relacionados ca ciencia.
 Estudou física na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de Canarias, doctorandose posteriormente en astrofísica no Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Marchester, e comenzando a súa traxectoria profesional no Reino Unido e Canadá, estando na actualidade traballando en Washington no Goddard Space Flight Centre da NASA.
É doctora en astrofísica especializada no estudio de galaxias espirais. Na actualidade reside en Estados Unidos, onde recentemente foi premiada pola NASA coa medalla que concede ás persoas que contribúen de xeito relevante á misión da axencia espacial. De feito, é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb, que vai substituír ao mítico telescopio Hubble, liderando un equipo composto por máis de 1.000 persoas e que conta cun orzamento de 9.500 millóns de euros.
Entre outras cousas está encargada como inxeniera de sistemas de dous dos cinco instrumentos do telescopio: o “Fine Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao telescopio espacial James Webb, que é necesario pra que o telescopio apunte ao espacio coa estabilidad crítica pa facer os seus descubrementos e o “Near Infrared Imager and Slitless Spectrograph (NIRISS)” que fará observacions das primeiras galaxias e estrelas que se formaron no universo e sistemas planerarios
No ano 2016 foi condecorada pola NASA coa medalla “Exceptional Public Achievement” polos seus anos de liderado e logros excepcional, así como o deseñeo e desenvolvemento do “Fine Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao telescopio espacial James Webb, que funcionan como un sensor ultra-sensible que permitirá apuntar e estabilizar o telescopio, que poderá, entre outras cosas, analizar exoplanetas e a súa composición, ou coñecer cómo se formaron as primerias galaxias e estrelas tras o Big Bang.
Nas anteriores edicións foron sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro  e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola e Peregrina Quintela.

A Unidade de Muller e Ciencia creouse fai dez anos co obxectivo de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas, instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa. 
Dende as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA chégannos unha serie de RECOMENDACIÓNS e RECURSOS para traballar.
Tamén podemos ler o MANIFESTO que escribiu a investigadora Peregrina Quintela Estévez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario