jueves, 18 de mayo de 2017

Visita de Paula Señaris


Este 19 de maio  teremos no centro a visita Paula Señarís escritora do libro "Agueda e o misterio dos calcetíns" para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria. Neste libro cóntanos a historia dunha rapaza de cidade que vai para a aldea (Ameixenda) vivir cos seus avós, na ausencia dos seus pais.
Paula naceu en Ames, licenciouse en Xornalismo na especialidade de Audiovisual na USC, e logo de residir un tempo en Londres volveu a Compostela, onde tivo a sorte de colaborar en diferentes programas culturais da TVG, como Libro Aberto, Eirado ou Zigzag. Foi aquí onde tomou conciencia da riqueza literaria do noso país. Actualmente traballa como reporteira para a canle galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario