domingo, 19 de marzo de 2017

Pedro Feijoo

Vaise acercando o día  do clube de lectura de maiores, onde poremos en común a lectura do libro "Os fillos do mar" do escritor vigués Pedro Feijoo, será o vindeiro martes 21 de marzo ás 18.30. Onde de seguro que haberá algunhas sorpresas, entre outras teremos a sorte de ter  ao autor  a través dunha videoconferencia.

PEDRO FEIJOO é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidad de Santiago de Compostela. Ao longo dos últimos anos exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade. 
En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. En 2011 o relato "O segredo do viaduto" no  XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela Os fillos do mar foi  publicada  2012, en 2013  A memoria da choiva e en 2015 Morena, perigosa e románica.
Obtivo diferentes premios:
Finalista do Premio Xerais no 2011, polos Os fillos do mar.
Premio Arcebispo San Clemente no 2013, por Os fillos do mar.
Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014, por Os fillos do mar.
Premio Arcebispo San Clemente no 2016, por A memoria da choiva.

A continuación a entrevista que lle realizaron cando se publicou o libro Os Fillos do Mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada