jueves, 9 de marzo de 2017

Aprendendo con Lucita no dia Internacional da muller

Para conmemorar o día da muller traballadora tivemos  unha invitada moi especial, traballadora, artista,... María Luz Carrera Abalde, coñecída  por  Lucita tal e como nos dixo o seu neto Mauro, alumno de primeiro.
              
 

  Contounos que a súa vida foi moi distinta da que teñen nestes tempos  os nosos nenos e nenas. Cando era pequena apenas foi á escola porque tiña que traballar, axudar a súa nai no reparto do leite, coidar dos animais. Tamén nos dixo que a verdade e que non lle  gustaba moito a escola e animou ao alumnado a estudar, pois nos dixo que se non tes estudos non podes facer moitas cousas,  ela decatouse disto xa cando era maior e decidiu ir sacar o graduado escolar.
                Ainda sendo nena   aprendeu a bordar, neses tempos  vendía o que facía para gañar cartos.
                Os anos pasaron,  casou con Ladislao e tivo tres fillas. Foi sempre unha muller traballadora  e adicouse a tarefas ben distintas: leiteira, traballou no noso cole,...., atendía a súa familia;  pero sempre atopaba tempo para facer verdadeiras obras de arte en calceta e ganchillo.
                O seu home sufríu un grave accidente e ela ademáis de todo o que xa viña facendo,  coidouno moitísimo, tendo forzas para atender a todos e a si mesma .
                Pero a pesar de todos os contratempos que lle aconteceron, a súa inquietude artística seguía medrando no seu interior, e xa xubilada aprendeu a pintar, a traballar con coiro, facer macramé,......
                As  súas obras artísticas, máis de 70, en pintura non se limitan ao lenzo, pinta en madeira, en tea,...., fai bodegóns, retratos, paisaxes, ..., pero o que máis lle apasiona plasmar nas súas tanto nos cadros coma no coiro son  as máns.
               
 

Dende aquí queremos volver a agradecerlle o seu agarimoso e prezado tempo. Moitísimas grazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario