martes, 7 de febrero de 2017

Jane, el zorro y yo


Esta é unha novela gráfica que nos pareceu interesante onde  se abordan temas como o paso da infancia á idade adulta, o acoso escolar, os problemas derivados da baixa autoestima.
Montreal, finais dos anos oitenta do século pasado. Helene é unha rapariga de doce anos que inexplicablemente foi deixada de lado polas súas antigas amigas, que agora se divirten humillándoa en público. O día a día da protagonista é un inferno e a súa autoestima reséntese até o punto de que chega a asumir como certos os insultos recibidos. Non quere recorrer á axuda e comprensión da súa nai, porque a vida desta non é moito mellor: sempre ao bordo do colapso por esgotamento, mantén ela soa a Helene e os seus dous irmáns. O único consolo de Helene é a lectura de Jane Eyre, a novela de Charlotte Brontë, con cuxa desgraciada protagonista sente identificada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario