viernes, 7 de marzo de 2014

"De cuentos"

"De cuentos" é unha aplicación gratuita para o móvil e tablet cunha gran selección de video relatos breves con contos de sempre e outros máis actuais. Grazas aos xestos, a voz, a mirada... permiten mergullarnos en novos mundos. 
A aplicación permite descargar os contos, compartilos e engadilos á lista de favoritos.
Algúns contos que podemos atopar son: o polo Pepe; Five Little Monkeys; A cebra Camila; Por catro esquiniñas de nada... entre outros moitos!




lunes, 3 de marzo de 2014

Mr. Hublot

Esta curta de animación muda, que conta a historia dun home solitario que cambia a súa vida a partir da adopción dun can que se atopaba na rúa, foi premiada onte nos Oscars. Os seus directores son Laurent Witz e Alexandre Espigares, e trátase dunha coprodución entre Francia e Luxemburgo.