viernes, 6 de septiembre de 2013

Destino

En 1946 Dalí coñeceu a Walt Disney. O encontro destes dous xenios deu lugar a unha das máis especiais colaboracións artísticas.O resultado foi 'Destino', un curto de animación que quedou inacabado xa que Disney, alegando problemas financeiros, abandonou o proxecto.
Durante 57 anos 'Destino' foi considerada unha película perdida. Pero en 2003 rescatouse e Roy E. Disney retomou e finalizou o proxecto do seu tío.