martes, 9 de abril de 2024

Libro colaborativo entre todo o alumnado sobre mulleres .

O equipo de convivencia e o equipo de biblioteca do noso centro uníronse para construír a idea 💡 dun libro propio de centro onde tivesen cabida mulleres que fixeron e fan aportacións moi importantes á sociedade. 

Por niveis, cada alumno e alumna do centro aportou o seu gran de area para agasallar á comunidade educativa con este marabilloso produto final. Buscando, planificando, organizando, escribido, presentando, dando cor... porque traballar en equipo sempre da resultados.

Este libro quedará na biblioteca do centro a partir de mediados de maio, unha vez que todo o alumnado poida disfrutalo na súa aula. 

Esperamos que disfrutedes tanto del coma nós facéndoo! 





domingo, 7 de abril de 2024

Club de lectura de 6ºA

 

Este segundo club de lectura volvémolo a realizar en torno aos micrófonos da radio.
O libro que leron neste trimestre foi “O curioso caso de Benjamin Button “ unha historia escrita por F. Scott Fitzgerald, adaptada ao público xuvenil en banda deseñada.
Unha historia que lles gustou moito.
Despois da gravación do programa fomos a compartir impresións e algo de lambetadas...
A continuación podedes escoitar o programa.

Visita da escritora Andrea Maceiras

 

O 3 de abril visitou o noso centro Andrea Maceiras, con motivo da lectura do libro “Volverás, golfiño”, por parte do alumnado de 5º e 6º de E.P.
Andrea contounos como chegara ela a idea de escribir este libro, o proceso de documentación que fixo que esta idea collera máis sentido, explicounos a historia do naufraxio no que ela se inspirou...
A continuación fixemos unha viaxe “virtual” ao faro do cabo Vilán, un dos punto emblemáticos da 'A Costa da morte', que é onde se desenvolve a súa novela.
Despois o alumnado realizoulle unha morea de preguntas sobre o libro, xa que a historia espertou moito interese.
Para rematar asinou os libros.
Unha mañá moi interesante. Grazas Andrea por dedicarnos o teu tempo e ensinarnos a querer un pouco máis a literatura.





 

lunes, 1 de abril de 2024

Visita do escritor Ramón D. Veiga

O día 21 de marzo o alumnado de primeiro contou coa presencia do escritor Ramón D. Veiga, que estaba con motivo da lectura por parte do alumnado do seu libro "Miñoca e Ourizo"

Fixeron un pequeno taller de ilustración, onde aprenderon como facer caras alegres, caras tristes e pensativas.
Tamén lles mostrou outros libros da mesma colección de Miñoca e Ourizo, a continuación fixéronlle preguntas e aproveitou para contar curiosidades sobre o libro e por último asinoulle os libros.



Poesías en 2ºA

Expositor de libros de poesía na entrada da biblioteca

Con motivo o día da Poesía o alumnado de 2ºA aprenderon poemas para recitar, aquí está unha pequena mostra do traballo de recitado  realizado na aula.





 

viernes, 22 de marzo de 2024

Xornalistas premiados

 





Visita de Ramón D.Veiga..."Violeta ás agachadas"

 Coincidindo co Día da poesía os nenos e nenas de  infantil desfrutaron da presencia do escritor Ramón D. Veiga, que estaba  con motivo da lectura por parte do alumnado do seu libro "Violeta ás agachadas”. Un libro que gustou moito tanto pola historia como polas fermosas ilustracións, da ilustradora Abi Castillo.

Ramón  contoulle moitas cousas, unha delas que este libro estaba inspirado na súa filla pequena.  Tamén leulles rimas que fixeron a delicia da rapazada.

Despois  asinoulles o libro .

Agradecemos a editorial Xerais por facilitarnos a presencia do escritor e por suposto a Ramón.





Semana da prensa en infantil

 Na semana de prensa os nenos e nenas de infantil coñeceron as partes dun xornal e participaron no Xornal AS NOVAS DE ÓRBIL. Cada clase elaborou o seu propio anuncio.







Celebrando a semana da Prensa

 Para a semana da prensa propuxémoslles ao alumnado un concurso de redacción de novas (algo disparatadas) para que participaran no xornal de Orbil da biblioteca, baixo o lema "Búscanse xornalistas". Se lle deu un pequeno guión para realizalas e un modelo para escribir. 
Como a  participación foi alta realizouse un mural (fronte a biblioteca) con todas as novas.

O alumnado de educación infantil aportou ao xornal a publicidade.

Os/as dous xornalistas por aula cas novas máis orixinais se lle deu un agasallo e os demais por participar un marca-páxinas (elaborado polo equipo da biblioteca)







jueves, 21 de marzo de 2024

Beebot para aprender

 En 6°B infantil sumamos coa axuda do Beebot. Tiramos os dados, contamos, sumamos, pensamos... aprendemos e nos divertimos!




martes, 19 de marzo de 2024

Material para o PDI

O tema do PDI deste curso esta sendo os catro elementos (auga, terra, fogo e aire)

A comisión da biblioteca sacou dos andeis todo aquel  material relacionado con estes temas e mercou todo aquel que fose de interese, colocando todo nuns andeis á entrada da biblioteca. Todo este material emprégase para realizar traballos de investigación.




Mesa de luz para o tema do lume

O noso PDI Os catro elementos. Os nenos e nenas de 6° B de infantil no proxecto "O Lume" utilizaron a mesa de luz para a lectoescritura e a creatividade e tamén xogaron coas sombras, foi moi divertido!









Martina e Keren contan... “ O polo Pepe”

Martina e Keren achegáronse a aula de 4º de EI, para contarlles o conto do “O POLO PEPE”, o cal  encantoulles porque ademais tiña as páxinas pop-up. 

                                  
Fixérono xenial e esperan volver a recibir máis visitas!! Moitas Grazas.